Letras Galegas.- Besteiro aposta por un galego que se fale en Galicia, España e Bruxelas

O eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, critica o decreto do plurilingüismo no ensino aprobado pola Xunta en 2010.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 17/05/2024 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Besteiro, apelou a que o galego sexa lingua oficial nas institucións da Unión Europea e fixo un chamamento ao seu uso, aínda que sexa "con imperfecións". Así o declarou logo do acto institucional da RAG na Coruña en lembranza da homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.

O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en Santiago de Compostela
O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en Santiago de Compostela

Besteiro, lembrou o seu legado de "liberdade" e asúa aposta polo galego. Un idioma, dixo, que defende o PSdeG tamén fóra das fronteiras do país, en España e en Europa. "Ese impulso do galego para loitar contra a decadencia pola falla do seu uso que tanto nos prexudica", apuntou. "Hai que aproveitar para falar o galego, aínda que sexa con imperfecións. Estar orgullos do noso idioma", engdiu.

Tamén o eurodeputado do PSOE Nicolás González Casares, apostou polo uso do noso idioma en Bruxelas e dixo que, se o PP apóiao, isto será unha realidade "en cuestión de meses". Así o asegurou o candidato galego ás eleccións europeas --vai de 11 na lista do PSOE-- en declaracións aos medios xunto ao secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, antes de participar na tradicional manifestación a favor do idioma convocada pola plataforma Queremos Galego polo 17 de maio, Día das Letras.

González Casares apelou a "avanzar" en dereitos lingüísticos fronte ao "retroceso" que sofre o galego e que achacou aos "gobernos do PP". Neste sentido, despois de que esta semana o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, chamase a alcanzar un gran pacto polo idioma no Parlamento, os socialistas replican que "son eles", os populares, "os que teñen que volver ao consenso".

Así, criticou o decreto do plurilingüismo no ensino aprobado pola Xunta en 2010 --con Alberto Núñez Feijóo á fronte--, porque fixa que as clases deben ser a partes iguais en castelán, galego e inglés. O eurodeputado esixiu a derrogación deste decreto e instou ao PP a aproveitar a "oportunidade moi sincera" que ten de apoiar iniciativas polo recoñecemento do idioma propio de Galicia, igual que o catalán e o eúscaro, nas institucións europeas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta