Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2025 | Actualizada ás 20:26
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, realizará unha pregunta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na próxima sesión de control para reclamar actuacións "contundentes" e feitos concretos para impulsar o cumprimento do acordo de investidura e avanzar en "a conquista de dereitos sociais e nacionais".
Para os nacionalistas, o Executivo debe mostrar maior vontade política para avanzar nas transformacións sociais e desenvolver unha axenda social que permita "conquistar dereitos e liberdades". Nunha nota de prensa, o BNG expuxo que un dos puntos que lle preocupa é a "parálise na execución da Axenda Galega". Ademais da implantación das novas modificacións da AP-9 e das rebaixas na AP-53, así como a modernización da rede ferroviaria interna, Rego lembrará que hai puntos sen cumprir, por exemplo, en relación coa lingua galega, condonación da débeda ou financiamiento das políticas sociais e de dependencia.
"Galicia non pode seguir esperando por promesas e palabras baleiras e no BNG imos esixir con toda a firmeza que o Gobiero do Estado cumpra coa Axenda Galega conseguida polo BNG a través do acordo de investidura", reivindicou. Así, Rego lembrou que o seu apoio ao Goberno sempre estivo condicionado ao cumprimento deste acordo e á defensa dos intereses da cidadanía galega. "Non estamos aquí para darlle un cheque en branco a ninguén, senón para que Galicia avance. O Goberno do Estado ten a responsabilidade de cumprir, haxa ou non Orzamentos do Estado", proclamou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.