Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/07/2021 | Actualizada ás 20:22
O corpo sen vida dun home foi atopado flotando na tarde deste mércores nunha zona rochosa da praia de Lourido, no concello de Muxía.
Segundo informan fontes da Policía Local, o falecido é un home, J.A.L.H., veciño de Madrid e nado en 1941. Pouco antes das 20,00 horas, estábase á espera do levantamento do corpo.
Estas mesmas fontes explican que se atoparon diferentes aveños na zona rochosa que parecen propias de que o home se atopaba pasando a xornada nas inmediacións, aínda que non apareceu, polo momento, ningunha cana de pescar.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular que deu o avisou de que atopara o corpo do home sobre as 18,45 horas.
Salvamento Marítimo mobilizou un helicóptero de rescate para recuperar o corpo e trasladar ao falecido ata o areal. Ademais, foron avisados Gardacostas, axentes da Garda Civil e Protección Civil, entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.