O 77,5% do territorio galego está vetado aos parques eólicos e no resto "non existe carta branca", afirma a Xunta

O BNG fala de "alarma social" pola proliferación de muíños de vento.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/07/2021 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O 77,5% do territorio galego está vetado aos parques eólicos e no resto "non existe carta branca" para a súa instalación, segundo destacou a directora xeral de Planificación Enerxética, Paula Uría.

Parque eólico de Greenalia en Vimianzo
Parque eólico de Greenalia en Vimianzo | Fonte: Greenalia.

Subliñouno en resposta ao deputado do BNG Luís Bará, quen, en comisión parlamentaria, volveu trasladar a "alarma social" que xera o "auténtico ataque sobre todo ao rural e á xente que vive no rural" da multitude de proxectos en estudo.

Uría apuntou que mais de 100 iniciativas foron rexeitadas e a Administración autonómica informou desfavorablemente 39 dos proxectos expostos ante a Administración central, pero para a súa implantación no territorio galego.

Neste sentido, a directora xeral reivindicou a súa aposta por un sector "que sexa compatible con todas as actividades e sempre coas máximas garantías" ambientais.

"Apostamos por un modelo eólico ordenado. Non se poden autorizar en calquera lugar, senón en áreas que están delimitadas", engadiu. Neste sentido, incidiu en que "todos os proxectos que se solicitan e tramitan sométense a unha avaliación ambiental rigorosa e con participación pública".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta