Familiares dos dous mortos no crime do Cash Récord asistirán á declaración do principal sospeitoso

O acusado é un hostaleiro que reside agora en Burgos e que en abril de 1994 rexentaba o bar Los Ángeles na rúa Nova de Lugo.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 08/07/2021 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Os familiares do dobre crime do Cash Récord, ocorrido en 1994 no polígono industrial do Ceao, en Lugo, acudirán á declaración do principal sospeitoso, un hostaleiro que reside agora en Burgos, que está prevista para o vindeiro martes, 13 de xullo (10,30 horas).

Unha tenda de Cash Récord en Lugo
Unha tenda de Cash Récord en Lugo | Fonte: Frigo Diz .

A titular do xulgado de primeira instancia número un de Lugo, que leva a investigación, chamou a declarar a este home que no momento dos feitos, en abril de 1994, rexentaba o bar Los Ángeles na rúa Nova de Lugo.

Unha toma de declaración que Isabel López, a irmá dunha das vítimas, vive cun "certo alivio", pois por fin faise "caso" ás familias.

"A ver que resulta desa declaración, que seguro que vai achegar cousas. É como unha pequena vitoria e estamos moi contentos", subliñou Isabel López, que foi quen descubriu os cadáveres do repoñedor do Cash Récord, Esteban Carballedo, e da súa irmá, caixeira no negocio almacenista, pasadas as oito da tarde dese 30 de abril de 1994.

Avanza que a súa "intención" é acudir ao xulgado o día da declaración. "Sempre dixen que lle quería pór cara (ao presunto asasino) porque non o coñecía. Cando chegue (ao xulgado) quero estar alí e que me vexa", ha afirmdo.

As familias das vítimas sospeitaban desde hai tempo dese hostaleiro polos moitos "indicios" recollidos durante unha investigación "errada" desde o primeiro momento por parte da Policía Nacional.

"Agora dannos a razón, e ademais no xulgado vanlle imputar outros casos. Posiblemente si que sexa el", sostén.

Isabel López asumiu, desde a morte da súa irmá, a tutela dos seus dous sobriños, quen apoiaron seguir coa presión xudicial para identificar o asasino da súa nai.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta