Galicia, moi próxima á inmunidade de rebaño

Máis do 60% da poboación diana a vacinar contra a Covid xa conta con pauta completa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2021 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Máis do 60 por cento da poboación diana a vacinar na Comunidade galega contra a Covid-19 xa conta coa pauta completa ao alcanzar as 1.476.204 persoas, que supoñen 51.137 máis que o día anterior.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do domingo, recollidos por Europa Press, administráronse 3.106.763 dose das 3.218.085 recibidas ata a data, que implican 51.188 postas máis.

Dos datos publicados dedúcese que a xornada de vacinación deste domingo en Galicia centrouse en administrar dose para completar pautas, ao haber 51.137 persoas máis co proceso finalizado.

Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade indican que se administrou polo menos unha dose a 15.084 persoas de alto risco (sen cambios) e 14.769 completaron a pauta (+1); mentres que 17.610 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (sen cambios) e 17.376 contan coa pauta completa (sen cambios). Ademais, 26.444 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (sen cambios) e 26.300 finalizaron o proceso (sen cambios).

Unha longa fila de persoas na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021 / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Unha longa fila de persoas na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021 / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press


GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose ata o momento 131.195 persoas maiores de 85 anos; 96.039 de 80 a 84 anos; 134.187 de 75 a 79 anos; 152.692 de 70 a 74 anos; 160.149 de 65 a 69 anos (+111); 171.561 de 60 a 64 anos (+1.890); 182.231 de 55 a 59 anos e 192.049 de 50 a 54 anos (+3).

A estas engádense 198.304 persoas de 45 a 49 anos (+4) e 185.799 de 40 a 44 anos (+3). Así, ata o momento foron vacinadas 384.103 cidadáns de 40 a 49 anos, un 86,7% duns 443.000 habitantes desta franxa de idade.

Por tanto, ata o momento recibiron polo menos unha dose 1.604.206 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 93,26% das 1.720.101 chamadas a vacinar na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.

En total, 1.764.989 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galicia, o que representa un 71,9% da poboación diana a vacinar na Comunidade galega --2.454.497 cidadáns, segundo os datos do Ministerio de Sanidade--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta