Por E.P. | OURENSE | 12/07/2021 | Actualizada ás 20:55
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de case 400.000 euros para a execución de programas e proxectos no ámbito da cooperación local.
Así mesmo, a institución provincial informou de que o seu presidente, Manuel Baltar, e o responsable de Cultura da Xunta, Román Rodríuguez, asinaron en Santiago un convenio de colaboración para integrar e difundir no repositorio de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia os recursos dixitais procedentes do escaneo e tratamento bibliográfico do xornal 'A Rexión'.
Así mesmo, Baltar participou nunha reunión econ membros da Xunta, do Eixo Atlántico e de concellos galegos e portugueses polos que discorre 'Vía Nova', co obxectivo de colaborar conxuntamente para revalorizar o legado cultural da Gallaecia Romana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.