Convocadas dúas bolsas para residir tres meses na Casa de Velázquez en Madrid

Trátase dun programa de intercambio que ten por finalidade contribuír á proxección da cultura galega no exterior.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo publicou as bases que rexen a convocatoria do Consello da Cultura Galega de dúas bolsas de estadía durante tres meses na Casa de Velázquez en Madrid. Trátase dun programa de intercambio promovido por ambas entidades coa finalidade de contribuír á proxección da cultura galega no exterior. O xoves, 15 de xullo, comeza o prazo de presentación de solicitudes e estará aberto ata o 16 de agosto.

Casa de Velázquez de Madrid - Casa de Velázquez
Casa de Velázquez de Madrid - Casa de Velázquez

A convocatoria establece que o Consello da Cultura Galega ofrecerá unha axuda de custo (1.100 euros) para unha estadía de tres meses que se ha de desenvolver entre o 15 de setembro e o 30 de decembro; mentres que a Casa de Velázquez se encarga do aloxamento e de poñer a disposición das persoas beneficiarias da bolsa os espazos de traballo e de documentación dos que dispón.

Para ambas as dúas bolsas, a persoa beneficiaria deberá estar en posesión dun título universitario e presentar unha memoria-proxecto. No caso da bolsa de investigación, a proposta ha de pertencer ao ámbito das ciencias humanas e sociais, cuxas fontes ou terreo de referencia se atopen en Madrid, e terá que ver coa cultura e a historia de Galicia e a proxección da cultura galega, notablemente no mundo francófono. Para a bolsa de creación, a persoa candidata deberá estar avalada por un responsable dun centro de creación, ou dun museo ou dun conservatorio. No proxecto de creación deberase xustificar tanto a necesidade da estadía en Madrid como a da proxección da cultura galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta