Piden 5 anos de cárcere para o que foi rexedor de Coristanco co PP durante máis de 20 anos

Conforme sinala a Fiscalía no seu escrito de acusación, acúsaselle de aproveitar para o seu uso persoal tres entregas de formigón que ían destinadas a obras municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A Fiscalía solicita penas que suman 5 anos de cárcere e 27 de inhabilitación (19 como alcalde ou concelleiro e outro oito para calquera cargo ou emprego público) para o que foi durante máis de 20 anos alcalde de Coristanco co PP, Antonio Pensado, por dous delitos de prevaricación, un de malversación e outro de fraude á administración pública.

O que fora rexedor deste municipio da comarca de Bergantiños entre os anos 1991 e 2015 será xulgado o vindeiro mércores, día 21 de xullo, a partir das 10,00 horas na Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña. En concreto, conforme sinala a Fiscalía no seu escrito de acusación, acúsaselle de aproveitar, no ano 2011, para o seu uso persoal tres entregas de formigón que ían destinadas a obras municipais.

O material, que foi sufragado con fondos do Concello de Coristanco, foi recibido pola esposa e o seu fillo, quen tamén figuran como acusados na causa. O Ministerio público pide que eles sexan condenados a unha multa de 800 euros cada un, cinco meses de cárcere, así como cinco anos e seis meses de inhabilitación para o emprego ou cargo por delitos de malversación e prevaricación.

Ademais, a Fiscalía tamén acusa o exregidor de contratar a subministración de gasóleo para as instalacións municipais a un prezo moi superior ao do mercado. Tras máis de 20 anos como alcalde e despois de perder o bastón de man nas eleccións de 2015, Antonio Pensado foi expulsado do Partido Popular en agosto de 2017 por propiciar, xunto con outro cinco edís populares, unha moción de censura que situou ao que naquel momento era o único edil do PSOE, Abraham Gerpe, á fronte da Alcaldía. Tras iso, concorreu aos comicios como independente.

Antonio Pensado, exalcalde de Coristanco
Antonio Pensado, exalcalde de Coristanco | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta