O proceso do aplauso

5 son as veces que Feijoo vai ser presidente do seu partido, o Partido Popular de Galicia. 20 anos de liderado, nas filas conservadoras en Galicia.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 19/07/2021

Comparte esta noticia

Aventuro eu, que non estará nervioso como cando se presentou contra Barreiro, tamén pódese estar seguro  de que os membros da súa garda pretoriana non teñen medo a grandes cambios, Feijoo non é de grandes cambios, nin na vida orgánica nin na acción de goberno, é un administrador do que ten, non é un xestor como se quere vender, por iso este congreso do PPdeG non vai xerar grandes debates, mais si algún dolor de palmas aos que sexan delegados en Santiago de Compostela, pois este é un Congreso de Aplauso.

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy, no 17 Congreso do PP de Galicia, a 17 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela (Galicia).. César Arxina - Europa Press
O expresidente do Goberno Mariano Rajoy, no 17 Congreso do PP de Galicia, a 17 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela (Galicia).. César Arxina - Europa Press

Tería pola contra que ser xa un acto de partido onde se intuirá o futuro a tres anos da formación, lembramos que Feijoo tamén anunciou que esta era a última lexislatura, quen o cree? Pero non se vai ver movemento algún nese eido, para os aspirantes é mellor estar calados. Se cadra algún movemento podamos ver nos congresos das provincias, se cadra.

Que diferencia na forma de liderar de Feijoo coa de Fraga, o de Vilalba alimentaba fortes perfís no goberno e no partido, fortes políticos nas provincias de forma tan clara que cando se falaba de sucesión case cinco ou mesmo seis podían ser candidatos naturais, hoxe costa pensar na sucesión de Feijoo, se cadra mirando so a Ourense, provincia única onde o PPdG conserva as cotas máis altas de poder.

É esta precisamente a anomalía política de Feijoo, un apoio forte na Xunta e o menor poder político no territorio. Unha de tres Deputacións, Ourense e nada que pintar nas cidades, agás de novo Ourense mais con problemas. A vila máis grande que o PP goberna é Ribeira, imaxinade que opinaría Fraga.

A perda da presenza do galeguismo na dirección galega do PP, unha dirección centrada no aplauso a Feijoo, tres campañas da Xunta centradas no líder e escondendo as siglas, a falta de presenza do propio Feijoo no territorio moi centrado no Parlamento e na Capital, faría necesario outro tipo de Congreso, xa que o seguinte líder do PP sae na defensa do castelo coas portas abertas e sen exercito na base.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Juan Carlos Piñeiro Secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG)