Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 21/07/2021 | Actualizada ás 15:43
O Sergas detectou 20 positivos en cribados realizados a veciños de Vilargarcía, Vilanova e A Illa de Arousa, así como de Cambados; ademais doutros catro nunha campaña de autocita na primeira localidade e 14 noutros en Pontevedra.
Así o informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que detallou que no cribado levado a cabo o 16 de xullo con mozos de 18 a 35 anos de Vilagarcía, Vilanova, Cambados e A Illa efectuado na primeira localidade de entre as 458 probas feitas, dos 1.200 citados, detectáronse dez positivos.
Pola súa banda, no cribado do pasado día 17 en Vilargarcía de Arousa con 1.200 convocados, de entre as 516 probas realizadas obtivéronse 10 positivos.
Mentres, noutro en Pontevedra con 800 mozos de 18 a 35 anos citados realizáronse 314 test que se saldaron con dez positivos; e noutro coa mesma cantidade de convocados realizáronse 335 probas de entre as que houbo catro casos de Covid-19.
Así mesmo, as mesmas fontes sanitarias indicaron que na campaña de autocita do pasado día 20 de xullo no recinto de Fexdega en Vilagarcía fixéronse 762 probas de entre as que houbo catro positivos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.