Ultiman o dispositivo de seguridade desta fin de semana con motivo da ofrenda ao Apóstolo

Está previsto que acuda a Familia Real, os reis coas súas fillas, entre outras autoridades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

As forzas e corpos de seguridade do Estado preparan o dispositivo de seguridade con motivo este fin de semana da ofrenda ao Apóstolo no marco das festas grandes de Santiago de Compostela.

Para iso, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, foi informada na Comisaría de Santiago este mércores dos "principais detalles e características" do dispositivo preparado para este fin de semana.

Este xoves terá lugar a reunión na que se pechará o dispositivo de seguridade que se despregará esta fin de semana na capital galega, á que este domingo está previsto que acuda a Familia Real, os reis coas súas fillas, entre outras autoridades con motivo da ofrenda ao Apóstolo.

NOVOS AXENTES

Por outra banda, a subdelegada do Goberno na Coruña deu a benvida aos 21 gardas civís que desde esta semana desenvolverán as súas prácticas formativas na provincia coruñesa e animoulles a aproveitar este período para adaptarse e prepararse para os "grandes retos" que terán que afrontar durante o seu futuro profesional, informou a Delegación do Goberno.

María Rivas apelou ao "compromiso e vocación" dos novos axentes, a quen lembrou a importancia da formación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para garantir a seguridade cidadá. Neste sentido, lembroulles que "asumen unha gran responsabilidade ao converterse nos garantes da seguridade dos coruñeses e coruñesas".

Nun acto celebrado na comandancia da Coruña, xunto ao coronel Francisco Javier Jambrina, a subdelegada do Goberno trasladou aos futuros gardas civís a responsabilidade de traballar para que A Coruña sexa aínda máis segura.

Por iso, lembrou aos alumnos que agora se enfrontan aos novos retos que cada vez son "máis diversos e variados", á vez que lles manifestou que "non só é importante o labor que poidan levar a cabo, senón tamén as formas e maneiras de facelo xa que en moitas ocasións serán a propia imaxe da Administración e do Estado ante a cidadanía".

Os 21 gardas civís realizarás as súas prácticas en 13 uarteles da provincia, nas localidades de Fene, Melide, Noia, Ordes, Ortigueira, Outes, Sada, Arteixo, Boiro, Cambre, Culleredo, Carballo e Oleiros. Dos 21 gardas, catro son mulleres.

Catedral de Santiago.. César Arxina - Europa Press
Catedral de Santiago.. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta