Unións Agrarias acusa ás industrias do leite de propor unha suba de prezos insuficiente

Conforme foi avanzando o proceso de vacinación, o número de falecidos que se notifica cada día foi descendendo en Galicia, na liña co que sucede no resto do país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) considera insuficiente a subida do prezo do leite proposto por dúas industrias, Pascual e Naturleite, xa que avisa de que non chega para cubrir a subida de custos e o diferencial que arrastran as explotacións.

Aínda que valora que estas industrias comuniquen aos gandeiros cos que traballa a súa intención de incrementar tarifas en vigor de recollida de leite, veo escaso para garantir a rendibilidade das explotacións e cumprir coa lei de cadea alimentaria.

A organización agraria confía en que nas próximas semanas poidan materializarse acordos necesarios para terminar coa mala situación que atravesan as granxas.

Pola súa banda, o Sindicato Labrego reclama á Consellería de Medio Rural a convocatoria da Mesa Sectorial do Leite, pois a Xunta "debe tomar a iniciativa" e "non permanecer como simple espectadora" para conseguir unha actualización de prezos acorde con custos de produción.

Vacas de leite
Vacas de leite | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta