O PSOE de Ourense insta á Deputación medidas para a equipración dos menores en acollida familiar

Os socialistas sinalan que isto suporá o acceso, en igualdade de condicións, a servizos como ludotecas, bolsas, campamentos ou actividades deportivas, así como á redución de impostos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O PSOE ourensán reclamará á Deputación de Ourense que adopte medidas para equiparar ás persoas menores de idade en acollida familiar de forma que se lles outorgue a consideración de fillo ou filla natural durante o período de convivencia.

Os socialistas sinalan que isto suporá o acceso, en igualdade de condicións, a servizos como ludotecas, bolsas, campamentos ou actividades deportivas, así como á redución de impostos. Así, indican que se trata de "unha forma" de acabar cunha "discriminación" que crea "problemas innecesarios" ás familias.

"Xa existen medidas similares en concellos de Galicia e do resto de España", destacou o deputado socialista Álvaro Vila, quen subliñou que, nos últimos anos, "e por mor da pandemia" aumentou "significativamente" o número de nenos que necesitan estar en acollida pero "non o das familias que son escasas para atender á demanda".

O deputado manifestou que Ourense "é a única" do catro provincias galegas nas que, unha vez que se terminan os dous anos de acollida permanente, os nenos deben volver a un centro institucionalizado da Xunta e non poden seguir coa familia, un criterio que os socialistas piden que a Administración autonómica cambie. Así, solicítanlle á Deputación de Ourense que "configure" medidas que apoien "positivamente" a estas familias e aos menores.

Así mesmo, reclaman que sexan consideradas de "especial protección" de forma que se aplique "discriminación positiva" que "facilite a vida comunitaria a nivel local das persoas que acollen e das que son acollidas". Ademais, o PSOE de Ourense espera que a Deputación Provincial valore a posibilidade de elaborar un rexistro provincial destas familias, de carácter voluntario, e que se aproben axudas para as mesmas.

Neste sentido, o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Villarino, demandou que a Xunta de Galicia e a Deputación "colaboren" para considerar aos nenos en acollida "como nenos con familia para todos os efectos sen que exista discriminación en impresos ou axudas".

"Suporía un apoio e unha vida familiar moi diferente á que viven nos centros", apuntou destacando que "é unha opción de futuro para que as administracións públicas de Ourense sigan o camiño dos países máis avanzados".

O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino
O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino | Fonte: PSOE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta