Os Franco piden investigar a Avogada Xeral por prevaricar no inventario do Pazo de Meirás

Segundo a familia, o documento que outorgou a titularidade da maioría dos bens ao Estado non foi imparcial e realizouse en prexuízo da familia.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 23/07/2021 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A familia Franco solicitou ao Xulgado de Instrución número 29 de Madrid que cite como investigada á avogada xeral do Estado, Consuelo Castro, no marco da querela que se tramita contra a xefa do Servizo de Conservación da Dirección das Coleccións Reais de Patrimonio Nacional, Pilar Benito. A familia do ditador considera a ambas responsables de delitos relacionados co inventario de bens realizado tras declararse que o Pazo de Meirás é propiedade do Estado.

A querela, dirixida inicialmente contra Benito, pide investigar delitos de prevaricación, falsidade en documento público, revelación de segredos, falsidade ou alteración de ditame ou testemuño pericial e estafa procesual en grao de tentativa na elaboración do inventario do Pazo en novembro de 2020.

Fontes dos querellantes consultadas por Europa Press sinalan que a petición de imputación de Castro é consecuencia da testemuña prestada o pasado mes de xuño da expresidenta do Consello de Administración de Patrimonio Nacional Llanos Castellanos, no que esta apuntou que a súa actuación neste expediente foi seguindo instrucións da avogada xeral.

Segundo a querela dos netos de Franco, o documento que outorgou a titularidade da maioría dos bens do Pazo ao Estado non foi imparcial e realizouse en prexuízo da familia, cunhas "conclusións alleas á imparcialidade, fóra de calquera comprobación razoable".

Os querellantes tamén piden que se cite a declarar a outros cargos de Patrimonio Nacional, que se libre oficio para solicitar determinados documentos relacionados con este expediente administrativo e que se indague se existe convenio de colaboración e de asistencia xurídica entre a Avogacía Xeral do Estado e Patrimonio Nacional.

Representantes de colectivos de memoria histórica e vítimas do franquismo, durante a súa visita aos xardíns do Pazo de Meirás o día da súa reapertura ao público, a 1 de xullo de 2021, en Sada, A Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Representantes de colectivos de memoria histórica e vítimas do franquismo, durante a súa visita aos xardíns do Pazo de Meirás o día da súa reapertura ao público, a 1 de xullo de 2021, en Sada, A Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta