Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/07/2021 | Actualizada ás 21:01
A Consellería de Sanidade notificou un novo falecido con covid-19 este sábado, polo que a cifra de vítimas que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia ascende a 2.448. O falecido presentaba patoloxías previas.
Os últimos óbitos rexistrados na Comunidade galega correspóndense coa xornada deste venres, na que faleceron tres persoas. En concreto, tratábase dunha muller de 85 anos que estaba ingresada con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e faleceu o xoves; e xa durante este venres, unha muller de 94 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e un home de 94 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Todos presentaban patoloxías previas.
Conforme avanzou o proceso de vacinación, o número de falecidos que se notificaba cada día foi en descenso en Galicia, na liña do que sucede no resto do país.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.