Rescatada unha muller e o seu can illados nas rochas en Muxía tras subir a marea

Fixo falta unha embarcación para chegar a eles.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Unha muller e a súa mascota necesitaron este mércores a axuda dos equipos de emerxencia despois de quedar illados nunha zona de rocas de difícil acceso tras subir o nivel da auga na Praia de Muíños, no concello coruñés de Muxía.

Segundo informou o 112 Galicia, a pesar das dificultades para acceder ao lugar, ambos resultaron ilesos e non necesitaron asistencia médica. A chamada de alerta ao servizo de emerxencias foi realizada pola propia implicada sobre as 12,00 horas.

A muller solicitou auxilio aos xestores de emerxencia pois tiña dificultades para volver ao areal despois de emprender camiño por unha zona rochosa e verse sorprendida pola subida da auga.

Praia do Lago de Muxía
Praia do Lago de Muxía | Fonte: turismo.gal

Integrantes de Protección Civil de Muxía tiveron que facer uso dunha embarcación neumática para alcanzar "con seguridade" o punto no que se atopaba a persoa, detallaron as mesmas fontes.

Finalmente, os equipos de emerxencia puideron realizar o rescate poucos minutos despois de recibir o aviso por parte do 112 Galicia e a muller, xunto co seu can, foi conducida ao peirao a bordo dunha embarcación de emerxencias. Os xestores do CIAE tamén pasaron aviso dos feitos aos equipos de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta