A ministra de Industria ve unha "moi boa noticia" a administración xudicial de Alu Ibérica para "evitar o espolio"

Deixa claro que a antiga Alcoa é unha planta "estratéxica" para a Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2021 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

A ministra de Industria, Reyes Maroto, valorou como unha "moi boa noticia" que a Audiencia Nacional, "por fin", decidise impor unha administración xudicial para as plantas de Alu Ibérica da Coruña e Avilés, o que "vai dar moitas garantías" para "evitar o espolio que se estaba producindo".

A preguntas da prensa nun acto en Santiago de presentación do Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22, Maroto subliñou "o compromiso" do Goberno cos traballadores de Alu Ibérica, cos que se reunirá na tarde deste xoves, á vez que destacou o apoio desde que se coñeceu "a desinversión que Alcoa ía facer na Coruña".

Así, resalta que o Goberno está personado no marco da Audiencia Nacional contra Alcoa e as empresas que participaron nun proceso de venda que "se está investigando", polo que o Executivo central "está a defender aos traballadores".

"Espero que coa personación do Goberno se logre unha solución definitiva a unha planta que é moi importante para A Coruña", afirmou.  Así, deixa claro que Alu Ibérica (antiga Alcoa) é unha planta "estratéxica" para a cidade herculina, de forma que o Goberno "defende á industria, as capacidades industriais e aos traballadores".

A ministra de Industria Reyes Maroto presenta en Galicia o Plan Nacional Xacobeo 21-22. ARXINA
A ministra de Industria Reyes Maroto presenta en Galicia o Plan Nacional Xacobeo 21-22. ARXINA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta