"Á xente xa lle está pasando factura un ano e medio sen saber o futuro de Alcoa"

O comité de empresa de Alcoa Cervo espera coñecer "avances" no proceso na reunión que "en teoría" manterá este venres co Goberno, aínda sen convocar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2021 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, sinalou que se o Goberno e a multinacional están a negociar a eventual venda da factoría de San Cibrao "lévano en segredo". "Se están a negociar lévano en segredo, o cal é mellor", agregou o sindicalista de Comisións Obreiras. Sexa como sexa, apelou a que o que necesita o persoal é que na reunión que este venres manterán "en teoría" haxa "avances".

Traballadores de Alcoa maniféstanse para defender o futuro da fábrica de aluminio en San Cibrao, a 19 de xullo de 2021, en San Cibrao, Cervo Lugo, Galicia (España). A xuízo do comité de empresa, a reunión do pasado xoves 15 de xullo a reunión d. César Arxina - Europa Press
Traballadores de Alcoa maniféstanse para defender o futuro da fábrica de aluminio en San Cibrao, a 19 de xullo de 2021, en San Cibrao, Cervo Lugo, Galicia (España). A xuízo do comité de empresa, a reunión do pasado xoves 15 de xullo a reunión d. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

"Que teñamos unha proposta de solución por Alcoa e o Goberno e podamos avanzar no proceso de venda e quitarnos de encima esta espada de Damocles", incidiu Zan. Ese encontro aínda non foi convocado, aínda que Zan advirte que "Alcoa lanzará unha contraoferta ao Goberno" na cita. "A reunión sería co Goberno, logo Alcoa tennos que convocar a nós", explicou.

Tamén aproveitou para celebrar que o Tribunal Supremo inadmitiu o recurso da compañía ás cautelares que impediron a paralización da actividade en Cervo. "Hai unha boa dilixencia polos tribunais que están a ser, a parte de xustos, rápidos", sinalou.

O SUPREMO, O 20 DE OUTUBRO

"O 20 de outubro temos o recurso á sentenza do ERE. Aí pode haber un punto de inflexión. O que cremos é que non se ten que deixar encima da xustiza a responsabilidade para que un país siga producindo aluminio ou non. Queremos que sente Alcoa a negociar de verdade e vender está fábrica", subliñou.

De momento, os traballadores seguen producindo aluminio, e mantense esa redución "dun once por cento" desde que se impuxo esa rebaixa na produción en xuño de 2019.

"O que necesitamos non é producir máis ou menos, o que queremos é claridade e certezas porque a xente está moi angustiada. Levamos un ano e dous meses sen saber se nos van a despedir ou non. Vivir con esa angustia ao final á xente pásalle factura e a comarca da Mariña está cunha redución económica brutal e necesitam

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta