A Xunta aceptará a proposta do Concello da Coruña para a compra do 75% dos terreos do porto

A conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, explicou que o único requisito que pedían era que a fachada marítima "fose pública" polo que "non teñen problema" en admitir a proposición da alcaldía.

Por E.P. | A CORUÑA | 30/07/2021 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, confirmou este venres que a Xunta aceptará a proposta do Concello da Coruña para facerse coa titularidade do 75% dos terreos do porto durante un acto na cidade.

Vázquez reiterou a disposición da Xunta "para dialogar, para traballar conxuntamente e para chegar a acordos". Segundo explicou a conselleira, o único requisito da Xunta é que a fachada marítima "fose pública", por iso dixo que aceptarán "sen problema" a proposta do Concello. "O único que trasladamos nesa reunión é que a urbanización debe ser financiada proporcional á titularidade dos terreos, por lóxica e por sentido común", expresou a representante da Xunta.

Ethel Vázquez trasladou que o porto pediu "un acordo político", no que se concretarán os investimentos de cada unha das partes. A conselleira confirmou que aceptou asistir á reunión proposta polo porto na que se "pechará definitivamente" ese acordo político. Con todo, a conselleira de Infraestruturas espera que o goberno local faga unha "proposta viable" e que esta teña "o respaldo plenario do Concello".

Porto da Coruña
Porto da Coruña | Fonte: MAREA ATLÁNTICA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta