Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/08/2021 | Actualizada ás 14:02
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou este mércores que "a Xunta porá todos os profesores que sexan necesarios para garantir os protocolos sanitarios e a calidade educativa", pero matizou que haberá "axustes". Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre a demanda dos sindicatos para manter aos profesores contratados por mor da pandemia pola Covid-19.
Román Rodríguez subliñou que o ano pasado fíxose "un esforzo extraordinario por unha situación moi concreta". Así, explicou que estes esforzos "hai que axustalos" cando se tende a unha "situación máis ordinaria".
Ademais, lembrou que esta época se fan "axustes en base á demografía". E dixo que había que ter en conta que en Infantil e Primaria "haberá 4.000 alumnos menos", e que se farán axustes "dentro do marco que fixan os cocientes". Con todo, asegurou que se contará con "máis profesores que no curso 19-20".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.