O caos da xestión Covid: máis de dez días para coñecer se é positivo e sen noticias dos rastreadores

Un paciente Covid denuncia que tivo que chamar máis de vinte veces a Radar Covid para coñecer os resultados dunha PCR e que non lle fixeron ningún tipo de control mentres estivo en corentena.

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A incidencia derivada da quinta onda e a falta de rastreadores está provocando que se dean situacións límites. É o que lle acontece a un rapaz de 24 anos que denuncia que tivo que esperar 10 días para coñecer se era positivo.  "Se non fora porque chamei seguía sen saber o meu resultado”, indica en declaracións ao GC. E é que ademais de ter que ser el o que tivo que chamar para coñecer os resultados, tivo que intentalo máis de vinte veces.

Vista dun tubo cunha mostra tras a realización dunha proba PCR para a covid-19
Vista dun tubo cunha mostra tras a realización dunha proba PCR para a covid-19 | Fonte: Ión Alcoba - Europa Press.

Tamén denuncia a falta de control. “Durante o tempo que estiven confinado non me fixeron ningún seguimento”, di.  Unha situación que se repita con outros contaxiados ou contactos estreitos con contaxiados, como unha nai que leva pechada na casa coas súas fillas de seis e nove anos agardando se manifestan síntomas para facer a proba. Iso é o que lle dixeron desde o Sergas a pesar de que o positivo fora o seu pai.

Todo comezou canto na empresa na que este mozo traballa un dos empregados deu positivo, polo tanto o resto tiveron que facerse un test de antíxenos. No test o paciente tamén deu positivo, entón el decidiu autoconfianrse e chamar ao seu centro de saúde para que lle deran cita para o seu médico. No médico dixéronlle que todas as citas da semana estaba ocupadas e que tiña que esperar máis de catro días para que o atendera. Aquí comezan os problemas.

A situación de Luis aínda é máis dramática. O mozo explica que "para axilizar o tema" foi facer á farmacia una proba PCR en saliva e dixéronlle que lle daban os resultados o luns (nese momento era venres). Pero chegou o luns e o martes e non lle dan os resultados. Ante isto o rapaz decidiu chamar a Radar Covid pero, para a súa sorpresa, fixo máis de vinte chamadas sen que lle colleran o teléfono.

El decidiu entón ir ata o seu centro de saúde. Explica que non quería saír da casa pero que se viu na obrigación de ter que ir se quería coñecer que era o que pasaba. “Eu non ía baixar ao centro de saúde pero é que se non che collen o teléfono… eu quería saber o meu resultado desde venres e estábamos a martes”, recalca.

No centro de saúde é onde lle revelan que a proba de saliva que fixo non era válida e que, supostamente, el xa tiña que ter unha mensaxe cunha citación para facer unha PCR. “Xusto nese momento chegoume unha mensaxe para facer a PCR o día seguinte, mércores”, explica.

Ao día seguinte fixo a PCR, que normalmente tarda entre 24 e 48 horas para coñecer os resultados. Pero pasa ese tempo e o paciente non recibe ningunha mensaxe. O mozo volve a chamar a Radar Covid, “aos que lle tiven que facer entre 10 e 15 chamadas para que mo colleran”, e dinlle que os resultados xa os teñen desde o día anterior e que dera positivo. “Con todo xa pasaran 10 días para saber se era positivo”

“RADAR COVID NON VOLVEU A CONTACTAR MÁIS COMIGO”

O paciente non só denuncia o caos que sufriu para saber se era positivo, senón tamén a falta de seguimento dos rastreadores despois de saber o resultado. “Os contactos estreitos preguntáronme xusto o día que coñecín o resultado, pero estamos falando aos 10 días de que eu dera positivo no test de antíxenos” e engade que “Radar Covid non volveu nunca máis a contactar comigo”.

TAMÉN TIVO PROBLEMAS COA ALTA

Pero a historia non remata aquí. Ao paciente, unha vez pasados os 10 días de corentena, dixéronlle que chamara ao seu centro de saúde “ás 8:15” pero “estiven chamando toda a mañá e eran as 12 do mediodía e eu non recibía chamada”. Comenta que fixo entre 20 e 25 chamadas e que ao final colléronlle o teléfono e dixéronlle que o ía chamar o médico “nun rato”, “e o rato foron ás 2 da tarde”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 lad

O gran xestor Feijóo... fume.

1 lad

O gran xestor Feijóo... fume.