Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/08/2021 | Actualizada ás 09:42
As sete grandes cidades galegas mantéñense esta semana en nivel alto, polo que os seus locais de lecer nocturno continuarán pechados ao entrar en vigor as restricións acordadas polo comité clínico da Xunta este pasado martes e que se estenderán --se non se producen cambios relevantes na situación epidemiolóxica-- ata o 21 de agosto.
Ademais, debido ao nivel alto, os locais hostaleiros das urbes deberán esixir certificado covid para o interior, ao 50% da súa capacidade --no exterior, tamén ao 50%, non será necesario documento acreditativo--.
A estas medidas súmase a prohibición de reunións de non conviventes entre as 01,00 horas e as 06,00 horas da madrugada, así como a limitación, en todo o territorio galego, do número de persoas que se poden reunir en espazos públicos ou privados --seis, en interiores; e dez, en exteriores--, durante o resto do día.
NIVEL ALTO
Ademais das sete grandes cidades, no nivel alto atópanse outras 58 localidades. Na provincia da Coruña, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros e Ribeira.
En Pontevedra, Cambados, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, A Illa, Vilagarcía, Vilanova, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, Barro, Portas, O Rosal, Valga, Vilaboa, Salvaterra do Miño e Tui.
Na provincia de Lugo atópanse en nivel alto, Chantada, Monforte de Lemos, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei; mentres que na de Ourense están Verín, Avión, Barbadás, O Carballiño e O Barco de Valdeorras.
NIVEL MÁXIMO
Ademais, a partir deste sábado estarán no nivel máximo nove concellos --fronte aos 12 da semana pasada--: Muros, na Coruña; Meaño, O Grove, Sanxenxo e Baiona en Pontevedra; e Foz, Viveiro, Burela e Monterroso, en Lugo.
Estas localidades, tamén con lecer nocturno pechado, esixirán certificados covid para acceder ao interior de locais de hostalaría, cuxa capacidade estará limitado ao 30% e ao 50% en exteriores --de acceso libre--. As reunións estarán prohibidas entre non convivientes entre as 01,00 horas e as 06,00 horas da madrugada; mentres que durante o resto de día, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior.
Con todo, A Xunta de Galicia autorizou para esta fin de semana, nos concellos con máis restricións, os eventos e celebracións en locais hostaleiros que fosen convocados ou organizados antes do 6 de agosto.
NIVEL MEDIO
En concreto, en nivel medio inclúense 54 concellos. Na provinica da Coruña, Oroso, Silleda, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, As Pontes, Arzúa, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro e Tordoia.
En canto á provincia de Pontevedra, aparecen Caldas de Reis, Pontecesures, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, Ribadumia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Tomiño e Salceda de Caselas.
En Lugo, mantéñense en nivel medio Mondoñedo, Sarria, Vilalba, Cospeito e Outeiro de Rei; mentres que en Ourense fano Beariz, Boborás, Maceda, Pereiro de Aguiar, Vilamartín de Valdeorras, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Xinzo de Limia e Esgos.
Os veciños de concellos de nivel medio disporán de locais de hostalaría, sen necesidade de certificados covid, ao 50% da súa capacidade --tanto en interior como en terrazas--. Onde si necesitarán certificados é para o lecer nocturno, que abre ata as 03,00 horas. Ademais, as reunións de non conviventes entre as 03,00 horas e as 06,00 horas da madrugada están prohibidas, mentres que durante o resto de horas, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior.
NIVEL MEDIO-BAIXO
O resto de concellos mantéñense en nivel medio-baixo, onde contarán coa hostalaría cun 100% de capacidade en terrazas e 50% en interior, sen necesidade de certificados covid; mentres que o lecer nocturno abre ata as 03,00 horas, coa obrigatoriedade de presentar certificados.
As reunións de non convivientes entre as 03,00 horas e as 06,00 horas da madrugada están prohibidas, e para o resto de horas, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior.
ATRACCIÓNS DE FEIRA
As restricións aprobadas esta semana inclúen, ademais, unha excepción para as atraccións de feira que, aínda que estarán prohibidas nas localidades en nivel máximo, si se poderán instalar naqueles concellos que se atopen en nivel alto, medio e medio-baixo, a condición de que cumpran unha serie de requisitos relacionados coa distancia de seguridade e a hixiene --máscaras obrigatorias e dispensadores de xel hidroalcohólico, entre outros--.
Nos casos nos que, pola súa configuración, non se poida garantir a distancia interpersoal --que non aplica para conviventes--, a capacidade dispoñible para as atraccións de feira será do 50%, tamén para os inchables. As piscinas de bólas non están permitidas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.