A área da Coruña detecta 8 positivos por Covid nun cribado en Ponteceso e tres noutro en Coristanco

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2021 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

A área da Coruña e Cee detectou oito positivos por Covid-19 nun cribado cun 61% de participación realizado no municipio de Ponteceso e outro tres nun cun 53% de asistencia en Coristanco.

Segundo detallou esta área sanitaria, no concello coruñés de Ponteceso foron citados 295 veciños, dos que participaron nun cribado 180, o 61,01%. Entre as probas realizadas detectáronse neste caso oito positivos, que supoñen un 4,44% do test realizados, indicaron as mesmas fontes sanitarias.

No caso de Coristanco, foron citados 257 veciños e participaron no cribado 137, que implican o 53,3 por cento. Os positivos detectados ascenderon a tres, que supoñen o 2,18%.

CRIBADO OURENSE

Por outra banda, as áreas sanitarias galegas continúan co test para detectar casos de Covid en persoas asintomáticas. Así, este martes, 10 de agosto, está previsto un novo cribado no Espazo Xove de Ourense. Para iso, está aberta a autocita na ligazón https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx.

Persoas acoden ao Espazo Xove de Ourense a realizan algún trámite realacionado coa Covid.. ÁREA SANITARIA DE OURENSE
Persoas acoden ao Espazo Xove de Ourense a realizan algún trámite realacionado coa Covid.. ÁREA SANITARIA DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta