A Rapa das Bestas de Sabucedo celebrarase os días 27, 28 e 29 de agosto

Non se realizará o tradicional curro do luns.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 12/08/2021 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

A nova edición da Rapa das Bestas de Sabucedo, festa de interese turístico internacional, celebrarase entre o 27 e o 29 de agosto.

Rapa das Bestas en Sabucedo
Rapa das Bestas en Sabucedo | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

O evento foi presentado este xoves da man da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Paulo Vicente, e o concelleiro de Cultura da Estada, Juan Constenla.

A iniciativa trasladouse a estas datas debido á pandemia co fin de "posibilitar que estea vacinada a maior parte de asistentes". Así o explicaron desde esta asociación que se encarga do coidado permanente das "bestas" de Sabucedo, especialmente as pertencentes á "Cabana do Santo", e da organización da festa ao redor desta tradición centenaria.

Este ano as actividades centraranse nos traballos de baixa, rapa, marcaxe, identificación, e desparasitación dos animais, non se realizará o tradicional curro do luns e tamén está prohibida a acampada.

Iso si, haberá pulperías para comer e cear, así como bar, aínda que non se celebrará a habitual verbena nocturna.

Si se poderá gozar dos concertos de Sheila Patricia, Uxía Senlle ou Xan Curiel, entre outras actuacións musicais. Todas elas contarán coas correspondentes medidas de seguridade.

Este ano non haberá venda de entradas en despacho de billetes, unicamente poderanse comprar en liña a un prezo de 11 euros (máis gastos de xestión) e ocuparase un terzo do aforamento do curro de Sabucedo.

O concelleiro da Estrada, comentou que o director de cinema Rodrigo Sorogoyen aproveitará o curro deste ano para gravar imaxes para unha película producida por Movistar. Tamén gravarán dous documentais a produtora neoiorquina Cinexin e a galega Mondotropo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta