Baixan a 52 os casos en residencias tras 7 altas en Fene e a morte dunha muller en Vigo

Os centros de atención á discapacidade suman 15 contaxios rexistrados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2021 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O número de casos de covid-19 en residencias de maiores descendeu a 52 despois de notificarse a alta recibida por sete usuarios do centro Santo Estebo de Perlío de Fene que se suman á morte dunha muller de 90 anos que usuaria da DomusVi de Vigo, cuxo deceso se coñeceu na tarde do xoves.

No último balance das autoridades sanitarias difundido este venres figuran un total de 52 casos en residencias de maiores e 15 en centros de atención á discapacidade. Estes últimos están concentrados no Fogar e Clínica de San Rafael de Vigo, onde nas últimas horas un usuario recibiu a alta ao negativizar nas probas do covid.

Así mesmo, as sete altas de residentes na Santo Estebo de Perlío de Fene fan descender o total de casos en centros de maiores a 52, repartidos en once centros. O máis afectado é a residencia Val de Monterrei con 24 usuarios, seguida pola Residencia de Ribadeo, con sete; a Vivenda comunitaria de Alfoz, con seis; a Soremay de Pontevedra, con cinco; e os tres que se atopan na Santa Marta de Vigo.

Pola súa banda, a DomusVi de Vigo, a Concepción Arenal da Coruña, a Caser A Zapateira, a de Chandrexa de Queixa, a Bo Día Magnolio de Vigo e a Santo Estebo de Perlío contan cun caso cada unha.

Arquivo - Varios maiores nunha das salas da Residencia de maiores de Carballo, a 19 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varios maiores nunha das salas da Residencia de maiores de Carballo, a 19 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta