Unha deflagración na empresa Finsa deixa 16 traballadores de tres auxiliares feridos leves

Fontes do comité de empresa apuntan que "está aínda por determinar o que provocou a deflagración" e por emitir o parte da investigación, que continuará este mércores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2021 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

Unha deflagración que se produciu sobre as 10 da mañá deste martes en Finsa provocou feridas con queimaduras de carácter leve a 16 traballadores, segundo informa a CIG.

A central nacionalista remite a fontes do comité que apuntan que "está aínda por determinar o que provocou a deflagración" e por emitir o parte da investigación, que continuará este mércores.

Lamentan o ocorrido porque "puido ser un desastre" e esperan que se aclaren as causas "para que isto non volva suceder". O comité subliña ademais que o accidente "é tanto máis rechamante tendo en conta que a fábrica está parada en agosto e só mantéñense algunhas seccións".

Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo
Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta