O 76% da mocidade entre 20 e 29 anos conta polo menos cunha dose da vacina

Avanza tamén o proceso entre as persoas menores de 20 anos, con 49.835 cunha dose.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2021 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este mércores de que un 76,4% da mocidade de entre 20 e 29 anos susceptibles de recibir a vacina contra a covid conta polo menos cunha dose, mentres avanza tamén o proceso para o grupo de menores de 20 anos, con 49.835 mozos cunha picada.

Así mesmo, os galegos inmunizados respecto da poboación diana alcanza xa o 75,76%, con 1.859.587 persoas coa pauta completa (2.983 inmunizados máis). Respecto ao total da poboación --para a inmunidade de rabaño--, a porcentaxe de persoas con pauta completa alcanza o 68,87%.

Así se reflicte no balance feito público polo goberno galego este mércores, no que tamén se actualizaron os datos sobre o número total de doses recibidas e as administradas. A ese respecto, nas últimas horas, Galicia recibiu outras 8.190 vacinas, o que suma un total de 3.903.605 recibidas, das que se administraron 3.802.448 (o 97,4%).

A chegada desta nova remesa de vacinas prodúcese no inicio dunha semana na que serán citadas máis de 56.000 persoas de entre 16 e 29 anos de idade para recibir a súa primeira dose. Segundo informou a Consellería o pasado fin de semana, as citacións realizaranse polo método habitual, enviando un SMS ao móbil, e non haberá autocita.

PREVISIÓNS DE VACINACIÓN ESTA SEMANA

Este martes está prevista a vacinación de persoas entre 16 e 29 e 'repescas': 5.744 citados na área da Coruña; 2.699 na de Lugo; 2.688 na de Ourense; 3.656 na de Pontevedra; 7.150 na de Vigo; 4.907 na de Santiago; e 1.818 na de Ferrol. Este mércores administraranse segundas doses a 3.452 persoas na área sanitaria da Coruña; 2.702 na de Lugo; 2.305 na de Ourense; 3.151 na de Pontevedra; 6.488 na de Vigo; 7.239 na de Santiago de Compostela; e 1.864 na de Ferrol.

A inoculación de segundas doses continuará o xoves 19, día no que se vacinarán 5.411 persoas na área de Coruña; 4.252 na de Lugo; 3.146 na de Ourense; 3.590 na de Pontevedra; 7.901 na de Vigo; 3.750 na de Santiago de Compostela; e 2.216 na de Ferrol. Por último, o venres 20 a vacinación volverá centrarse en primeiras doses para o rango de 29 a 16 anos, así como en repescas. Por áreas sanitarias, citarase a 5.744 persoas na de Coruña; 2.699 na de Lugo; 2.688 na de Ourense; 3.656 na de Pontevedra; 7.150 na de Vigo; 4.907 na de Santiago de Compostela; e 1.818 na de Ferrol

Deste xeito, avanzarase na inmunización dos menores de 20 anos de idade, algúns dos cales xa recibiron a súa primeira dose cando se abriu o sistema de autocita (con 25.000 convocados) para tentar poñer freo á alta incidencia das infeccións entre os máis novos.

Mozos esperan na Cidade da Cultura o día de arranque da vacinación másiva a menores de 20 anos / Europa Press. / Europa Press
Mozos esperan na Cidade da Cultura o día de arranque da vacinación másiva a menores de 20 anos / Europa Press. / Europa Press

ESTADO ESPAÑOL

No conxunto do Estado, o 71,2 por cento da poboación española maior de 12 anos xa conta coa pauta completa de vacinación fronte á COVID-19 e o 82,8 por cento ten xa unha dose, segundo os datos do último informe de vacinación. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, destacou na reunión do pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) que estes datos se alcanzaron "polo fantástico traballo realizado por todos os que conforman o Sistema Nacional de Saúde".

Así mesmo, tal e como adiantou a ministra Darias, esta semana as comunidades autónomas reciben 4,7 millóns de doses (3,4 de Pfizer e 1,3 de Moderna), como consecuencia do incremento de vacinas neste mes de agosto anunciado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Neste sentido, a ministra animou a seguir incentivando a campaña de vacinación, abrindo novos puntos sen cita previa para todas as persoas que desexen vacinarse e con sistemas de autocita, como xa están implementado as comunidades autónomas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta