Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2021 | Actualizada ás 09:55
Un incendio declarado nunha casa no concello ourensán de Beariz mobilizou os servizos de emerxencia na madrugada deste sábado. Segundo os datos facilitados ao 112, o lume deixou a vivenda calcinada por completo e quedou só a estrutura da edificación. Os feitos sucederon no lugar da Abeleira ao redor do tres da madrugada. Foron varios os particulares que chamaron ao 112 para informar dun incendio que consumía unha casa na parroquia de Xirazga.
De acordo cos datos facilitados polos veciños da localidade, a vivenda estaba deshabitada no momento do incidente. Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Carballiño, os membros do GES de Avión e axentes da Garda Civil. Por precaución, tamén se pasou aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ademais, os xestores do 112 informaron tamén os efectivos de Protección Civil de Beariz.
Unha vez extinguido o incendio, os equipos de intervención confirmaron ao 112 que a vivenda ardeu por completo. Igualmente, comunicaron que na casa había animais, pero que ningún deles foi afectado o lume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.