O Grupo Voz resucita a Paco Rodríguez

O Grupo Voz faille dúas entrevistas ao ex lider da UPG en menos dunha semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2014 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O ex líder da UPG, ex-deputado do BNG e ex-coordinador desta formación no Congreso, Francisco Rodríguez, volveu ser portada estes días e non, precisamente, pola súa actividade política, ou iso, é cando menos, o que el mesmo declarou nas dúas longas entrevistas que lle realizou o Grupo Voz.

Francisco Rodríguez nunha entrevista en La Voz de Galicia
Francisco Rodríguez nunha entrevista en La Voz de Galicia

A primeira delas tivo lugar en Vía Televisión, o programa estrela de Voz TV, o pasado 8 de xaneiro. Nela, Rodríguez admitiu que a ruptura no BNG tras o proceso de Amio, que deu lugar a aparición de Anova e a Compromiso por Galicia, supuxo un importante "golpe moral" para o BNG. "E trouxo desánimo á formación", dixo. Con todo, suliñou que o BNG quedou "maioritariamente" intacto, aínda que das 10.000 persoas, segundo el, que militaban no Bloque antes da asemblea da ruptura, "uns mil marcharon para casa". Precisamente, tras esa ruptura, o BNG baixou a sete deputados e converteuse na cuarta forza parlamentaria, detrás de AGE.

Precisamente, nos puntos nos que se fixo máis insistencia nesa entrevista foi na ruptura protagonizada en Amio e sobre o papel de Beiras no mesmo e a aparición de Anova. Unhas cuestións que se volveron repetir na entrevista que este domingo, 12 de xaneiro, o xornal La Voz sacaba a toda páxina, e no que o ex líder da UPG volvía insistir en parte dos mesmos argumentos.

"No BNG estamos curados"

"No BNG estamos curados. Non temos ferida ningunha. Cando hai un conflicto político hai que asumilo. O BNG está facendo ben en mirar cara adiante", dicía ao ser preguntado por unhas declaracións do portavoz do BNG, Xavier Vence, na que destacaba que aínda hai "feridas abertas" desa escisión.

Ademais, insistiu en criticar a alianza de Anova con EU porque "favorece a idea de estrutura do Estado Español tal e como está, e o papel que oucpa Galicia, que é moi subordinado, dependente e marxinal", destacaba nesta entrevista. 

Do Bipartito só se salva Suárez Canal

Por outra banda, tamén fixo autocrítica da etapa do Bloque no bipartito e só salvou á Consellería do Medio Rural, que dirixía Alfredo Suárez Canal. "Houbo unha parte que estaba nos parámetros claros do BNG e outras nas que creo que non se estivo á altura das circunstancias", dixo en relación aos departamentos que entón dirixían Anxo Quintana ou Teresa Táboas.

Do "boicoz", ás entrevistas

Estas entrevistas no Grupo Voz prodúcense logo de que teñan minguado as de Xosé Manuel Beiras, o líder de Anova e voceiro de AGE no Parlamento galego. Precisamente, destacados cargos da UPG animaron ao "boicoz" durante as pasadas eleccións autonómicas polo que consideraban un apoio explícito do grupo de Santiago Rey a AGE para "rachar o nacionalismo".

Non son as dúas únicas entrevistas que lle fixeron a Rodríguez. No último mes xa leva tres, case máis que o propio Vence nesa mesma época e, iso, sen ter ningún cargo orgánico dentro do BNG. A primeira delas tivo lugar a mediados de decembro na Radio Galega, medio público que tamen soen tildar de manipulador os dirixentes da UPG. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

17 Fendetestas

Vaia titular máis amarelo. Miserento. Feijóo está a escachar con GC e os "comentaristas". Noxo!

16 O Pindo

Pareceme moi ben, cada vez que aparece Paquito Zarzuelas, o BNG diminúe. Non é a primeira vez que La Coz de Galicia lle dedica unha páxina enteira: http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

1 Pazo con criados

Claro que vos parece ben vos sodes mais de Yoli Procesiones e do señorito do Pazo que come vieiras. Papá se enfado cuando me subi el sueldo http://elpais.com/diario/2009/02/25...

2 antibirrias

"Tenía cuatro años cuando Santiago Carrillo me besó la mano" Yoli procesiones. http://elpais.com/diario/2009/02/25....

3 Os paseados de Ferrol

Totalmente de acordo co comentario do Pindo. E os mercenarios da UPG, identificables xa polos nomes ridículos que utilizn: pazo, antibirrias, etc.; sóame que son da comarca de Ferrol. Comarca na que Paquito Zarzuelas levou á ruína ao BNG, previa expulsión, apertura de expediente de militantes e logo de que fixo marchar a máis de 50 militantes da comarca, moito antes do de Amio. En Ferrol comezou a purga...

15 Un do BNG

Non pasa nada que entrevisten a Paco Rodríguez. O que non pode ser é que coa boca grande pidamos o Boicoz e coa boca pequena andemos babando para que nolo entrevisten. Temos un voceiro nacional que se chama Xavier Vence e é o que tería que andar polo país de entrevista en entrevista. Non lle fagamos o que se lle fixo a Quintana.

14 Xistral

Que pena empezades a dar. Que entrevisten a Beiras está ben pero que entrevisten a Paco é un sacrilexio... Pero ademais dádesnos a razón a quen defendemos que na Voz se usa a uns e a outros según lles conveña. Antes e durante a campaña electoral Beiras era un Deus na Voz e agora que xa non lles interesa porque cumpriu o seu fin dan paus por outro lado. Que pensabades que ía seguir apoiando a AGE como alternativa ou algo similar..., Pardiiiiiillooooos¡¡¡¡

13 Trapalheiros

Quanto mais leio GC mais objectiva me parece La Voz XD