Excarcerada unha persoa tras impactar co seu vehículo contra un muro en Paderne

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para informar de que un vehículo acababa de chocar contra un muro na estrada DP-0905.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

Unha persoa tivo que ser excarcerada do interior do vehículo no que circulaba tras sufrir unha saída de vía contra un muro, no concello coruñés de Paderne, segundo informa o 112.

Ao fío das 14,00 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para informar de que un vehículo acababa de chocar contra un muro na estrada DP-0905, no punto quilométrico 4. Ademais, a persoa solicitaba axuda para liberar á vítima xa que estaba atrapada no interior do coche.

O CIAE-112 Galicia alertou aos servizos sanitarios, que notificaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, aos Bombeiros de Betanzos e á Garda Civil de Tráfico.

A dotación de bombeiros desprazada ao lugar indicou que foi necesario excarcerar ao condutor, que estaba atrapado polas pernas dentro do vehículo, para que puidese ser trasladado polo persoal sanitario en ambulancia.

Coa finalidade de manter a seguridade na vía, o 112 Galicia tamén notificou o accidente ao persoal de mantemento da estrada.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta