O Xacobeo 2021-2022 terá unha moeda conmemorativa de 30 euros

Por unha cara terá as efixies dos reis españois Felipe VI e Letizia e pola outra a lenda "XACOBEO 21.22".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/08/2021 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital acordou a emisión, acuñación e posta en circulación de moedas de colección de 30 euros en conmemoración do Xacobeo 2021-2022, para o que autorizou a acuñación dun millón de pezas como máximo.

Moeda conmemorativa do Xacobeo
Moeda conmemorativa do Xacobeo | Fonte: EP

A súa emisión está prevista para o cuarto trimestre do ano, de acordo coa orde ministerial publicada este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE). O anverso da moeda terá as efixies superpuestas dos reis Felipe VI e Letizia, mentres que o reverso reproducirá unha imaxe alegórica do camiño cun peregrino e a catedral de Santiago de Compostela, coa lenda "XACOBEO 21.22" acompañada dunha representación do bastón de peregrino.

O Banco de España, as entidades de crédito, a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda e as entidades públicas e privadas designadas distribuirán estas moedas, previa petición dos particulares que deberán pagar por elas o seu valor facial (30 euros). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta