As ANPA que xestionan comedores poderán acceder a unha liña de axudas, cun orzamento de 1,2 millóns de euros

A data límite para solicitar estas axudas é o 27 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2021 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

As ANPA galegas que xestionan comedores escolares poderán acceder a unha liña de axudas do Goberno galego cun orzamento total de 1,2 millóns de euros, o que duplica o importe da subvención do curso 2019-20, cando se destinaron 553.000 euros. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, aproveitou unha visita este sábado ao colexio CEIP de Seara en Moaña, para anunciar o incremento da partida.

A cantidade do curso anterior estivo condicionada pola pandemia, que obrigou a suspender a presencialidade nas aulas, o que provocou que non se prestase o servizo de comedor.

O orzamento total dividirase en dous conceptos: un dirixido ao custo diario do menú, mantemento, persoal e limpeza e aos gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguro para a prestación de servizos; e outro destinado a sufragar gastos relacionados co coronavirus.O prazo para optar ás axudas estará aberto ata o 27 de setembro e a súa solicitude deberá formalizarse a través do servizo electrónico da Consellería de Educación.

NOVO CURSO

Román Rodríguez tamén avanzou a reunión do Consello Escolar de Galicia o 30 de agosto "para analizar o inicio do curoso escolar".

"Tras a reunión do Comité Educativo o pasado venres, con esta nova convocatoria avánzase nos contactos con todos os membros da comunidade escolar para preparar a volta ás aulas", remarcou.

Comedor escolar
Comedor escolar | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta