Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2021 | Actualizada ás 19:00
O Concello de Ourense realiza durante esta xornada unha actuación de choque no parque de San Lázaro e as súas proximidades para o control da poboación de roedores. Segundo informa, o plan de choque continuará durante todo o mes de setembro, ampliando a súa zona de actuación a todo o municipio.
Estes traballos forman parte dos que o concello desenvolve ao longo de todo o ano para controlar a poboación de roedores, e que alternan fases de mantemento con fases de choque, como a que hoxe comeza. Esta é a terceira fase de choque do presente ano.
O Concello de Ourense externalizou os traballos de desratización, en concreto a empresa Agronerga, S.L. é a adxudicataria do servizo que ten por obxecto o control das poboacións de roedores.
"Manténdoas a niveis que non afecten á saúde pública nas zonas de responsabilidade municipal dentro do termo municipal de Ourense (zona urbana e rural), actuando preferentemente sobre a rede de sumidoiros e aquelas zonas nas que se detecte actividade", explica o consistorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.