A economía galega creceu en xuño un 8,1% pero sen chegar aos niveis pre pandemia

Segundo o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia os niveis pre pandemia non se acadarán ata o vindeiro ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A economía galega creceu no mes de xuño un 8,1% respecto ao mesmo período do ano anterior, co que a actividade económica "segue achegándose" aos niveis pre pandemia, obxectivo que, en todo caso, non se alcanzará ata 2022.

Así o indica o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia publicado este martes, no que apunta a un crecemento da economía galega do 17,5% durante o segundo trimestre do ano.

Con todo, a mellora da economía viuse freada en xuño respecto dos meses anteriores "cando todas as variables experimentaban fortes crecementos".

O indicador apunta a aumentos por encima do 10% en sectores como o turismo ou o consumo de combustibles. No outro extremo, o comercio exterior e a matriculación de coches experimentan caídas.

A exportación de materias plásticas e as súas manufacturas é a que máis creceu. EUROPA PRESS
A exportación de materias plásticas e as súas manufacturas é a que máis creceu. EUROPA PRESS | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta