O Concello de Portas decretará un día de loito oficial se se confirma a clausura da sucursal de Abanca

Así, o executivo local comprometeuse a buscar alternativas para buscar outra entidade financeira, asesor bancario "ou fórmula similiar" para paliar os efectos de clausurar a sucursal.

Por E.P. | Portas | 31/08/2021 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O Concello de Portas decretará un día de loito oficial se se confirma o peche da oficina de Abanca no municipio e retirará todos os fondos das arcas municipais que dispoña en contas desta entidade financeira.

Así o acordaron por unanimidade os grupos con presenza no consistorio de Portas, gobernado polo popular Ricardo Martínez, que pactaron un decálogo de medidas a realizar no caso de que se produza a clausura avanzada polo banco.

Un peche que o consistorio entende como "unilateral e inxustificado tomado de forma irreflexiva" pola dirección da entidade financeira, á que acusan de levar a cabo "un ataque contra os dereitos" das persoas maiores, "vítimas da fenda tecnolóxica e abandonados á súa sorte á hora de poder cobrar as súas pensións ou atender as súas xestións bancarias".

A institución local traslada a Xunta, Goberno e Banco de España o seu desacordo coa intención de Abanca, entidade da que, no caso de que peche a oficina de Portas, o goberno deste concello retirará o diñeiro das contas que neste banco ten abertas.

Así, o executivo local comprometeuse a buscar alternativas para buscar outra entidade financeira, asesor bancario "ou fórmula similiar" para paliar os efectos da clausura da sucursal. Por último, avanzan mobilizacións e diríxense á Xunta para instala a que "actúe como garante dos concellos rurais" e impida ás entidades financeiras "deixar sen servizos bancarios presenciais" estas áreas.

PROTESTA NA CORUÑA

Por outra banda, os municipios coruñeses de Zas, A Baña e Vimianzo fixeron un chamamento a sumarse á mobilización que este xoves terá lugar na cidade da Coruña en protesta polo peche de oficinas de Abanca en zonas do rural.

Os rexedores destes municipios --os socialistas Mónica Rodríguez (Vimianzo) e José Antonio Pereira (A Baña) e o nacionalista Manuel Muíño (Zas)-- animaron aos seus veciños a acudir á cidade herculina este xoves para concentrarse ante a sede da entidade financeira.

O tres alcaldes manifestaron o seu rexeitamento aos plans da entidade financeira e apelan a mostrar a desconformidade co peche de oficinas en municipios do rural participando na concentración convocada ás portas da sede de Abanca na Coruña, convocada polos gobernos locais da Baña, Zas, Vimianzo, Cerdido e Fene.

Unha protesta á que tamén mostrou o seu apoio a central nacionalista CIG que, nun comunicado, advirten que hoxe son "os concellos do rural e os barrios da periferia das cidades" os que están "no punto de mira", pero consideran que "o proceso terminará por afectar as oficinas das vilas e grandes zonas urbanas" se non se produce unha resposta social.

Para o sindicato, os plans da entidade financeira pasan por "marxinar ás persoas non nativas dixitais e ás que non son capaces de usar un caixeiro automático", á vez que censura que alcaldes do PP de municipios afectados manifestasen as súas protestas cando "foi Feijóo quen regalou as caixas de aforro galegas ao banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet".

O consistorio de Portas (Pontevedra) vota un decálogo de medidas polo peche dunha oficina de Abanca no municipio. CONCELLO DE PORTAS
O consistorio de Portas (Pontevedra) vota un decálogo de medidas polo peche dunha oficina de Abanca no municipio. CONCELLO DE PORTAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta