Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/09/2021 | Actualizada ás 19:47
O BNG da Coruña presentará no pleno do xoves, día 9, unha moción na que proporá a concesión do título de fillos adoptivos da cidade a Ibrahima e Magatte, os dous senegaleses que auxiliaron a Samuel Luiz, falecido tras unha malleira na madrugada do 3 de xullo no paseo marítimo coruñés.
Segundo informa esta formación, na exposición de motivos, o portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera, remarca que o crime de Samuel "provocou unha fonda conmmoción non só na Coruña, senón tamén no conxunto de Galicia e do territorio do Estado español". Ademais, subliña que o comportamento de ambos "tentando frear a agresión e interporse entre Samuel e os seus agresores", reflicte que actuaron "con enorme coraxe". "Fixérono pondo en risco as súas propias vidas", incide.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.