Atopan un cadáver ao carón dun fusil de pesca en Malpica de Bergantiños

O corpo sen vida tería sido localizado no Faro de Punta Nariga, unha zona de difícil acceso.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2021 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

A Punta Nariga de Malpica amenceu hoxe co corpo sen vida dunha persoa nas súas proximidades. Así o vén de adiantar Radio Nordés nunha publicación en que apunta á presenza dun fusil de pesca submariña ao carón do cadáver, localizado nunha área rochosa e de difícil acceso desta zona próxima a Malpica de Bergantiños.

Efectivos de emerxencias atopan un cadáver en Punta Nariga, Malpica
Efectivos de emerxencias atopan un cadáver en Punta Nariga, Malpica | Fonte: Radio Nordés

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta