Os centros galegos elaborarán un plan de mellora dixital para aplicalo no curso 2022-2023

Educación creará unha rede de 78 centros e contratará a 80 docentes para atender e asesorar ao conxunto do sistema educativo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2021 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

Os centros educativos galegos terán que elaborar este mesmo ano un plan de mellora dixital a partir dunha análise previa das súas necesidades, fortalezas e debilidades neste ámbito, co fin de sacar o máximo rendemento ás posibilidades tecnolóxicas en función das súas particularidades e que será de aplicación no curso 2022-2023.

Así o anunciou este mércores o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que destacou que o 'Plan Dixital de Centro' será o primeiro paso da chamada 'Estratexia de Educación Dixital 2030' aprobada no Consello da Xunta da semana pasada.

O obxectivo do Goberno galego é que cada centro conte cun instrumento encamiñado tanto a mellorar as competencias dixitais como potenciar a adaptación do proceso educativo ás novas tecnoloxías, para aplicalo xa no curso 2022-2023.

Para iso, cada centro realizará unha autoevaluación de diagnóstico das súas condicións e necesidades neste ámbito o longo do primeiro trimestre deste curso que empeza. A análise servirá para establecer un plan de acción con obxectivos, accións específicas e métodos de avaliación que se materializarán no chamado 'Plan Dixital de Centro', que se aprobará en cada consello escolar no terceiro trimestre.

REDE DE MENTORIZACIÓN E APOIO

Para a elaboración do plan e a análise de diagnóstico previo, Educación ofrecerá ferramentas de autoevaluación e un test de competencia dixital docente, e crearase unha rede de equipos de apoio, reforzo e accións formativas e de mentorización.

Esta medida implica un desembolso inmediato de preto de 19 millóns de euros e implicará a contratación de 80 docentes que se dedicarán en exclusiva ao asesoramento e atención aos diferentes centros de todo o territorio.

Uns 78 docentes estarán organizados en 26 equipos de atención dixital que se estruturarán en 14 ámbitos xeográficos determinados do catro provincias (cinco na Coruña, dous en Lugo, dous en Ourense e cinco en Pontevedra). Os outros dous novos profesores contratados encargaranse da coordinación.

En paralelo, crearase a 'Rede Galega de Educación Dixital', na que un total de 78 centros exercerán de mentores para todo o ámbito xeográfico, 52 de infantil e primaria e 26 de secundaria, FP e ensinos de réxime especial. A maiores destas contratacións, realizarase un plan de formación específica e actividades de reforzo de competencias dixitais, que este curso superarían as 2.500.

Un menor fronte a un computador. CES-CV
Un menor fronte a un computador. CES-CV | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta