A Xunta cifra en ata 2 millóns as sancións por baleirado de encoros

Con todo, non houbo nunca sancións millonarias contra as grandes hidroeléctricas, senón pequenas multas. A conselleira de Medio Ambiente carga contra a Confederación do Miño-Sil por non facer "absolutamente nada"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2021 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

A Xunta avisa de que a afección ao funcionamento normal dos ecosistemas polo baleirado de encoros pode carrexar sancións de ata dous millóns de euros, con base na lei de patrimonio natural de Galicia. Con todo, non houbo nunca sancións millonarias contra as grandes hidroeléctricas, senón pequenas multas.


Así o apunta a Consellería de Medio Ambiente un comunicado, despois de que se abriron expedientes sancionadores polo baleirado dos encoros de Cenza, As Portas, Salas e Belesar. No caso de que as infraccións fosen moi graves, poden alcanzar os dous millóns, apunta.

Mentres, o persoal instrutor procede á petición dos informes técnicos correspondente a efectos de determinar posibles alteracións do funcionamento dos ecosistemas.

"Así, as actuacións irresponsables nos devanditos encoros, por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e das empresas concesionarias, poderían provocar que as poboacións piscícolas que se atopan en equilibrio nun hábitat dun tamaño pasen a atoparse confinadas nun espazo moito máis reducido", indica o Goberno galego. E é que estas novas condicións provocan unha competencia que dá lugar a que só poidan sobrevivr os individuos máis fortes.

Igualmente, Medio Ambiente expón que a acumulación de peixes en espazos reducidos tamén facilita un mellor acceso para os depredadores. A mortalidade directa de peixes é outra posible consecuencia dos cambios nas calidades de auga, posto que o osíxeno disolto en auga resulta insuficiente para a biomasa piscícola e pódese chegar a niveis de anoxia.

Outro efecto do desembalse é a formación de pozas nas que os peixes quedan illados da masa principal de auga, unhas áreas que se secan en pouco tempo e onde a mortalidade destas especies é probable.

A CONSELLEIRA CARGA CONTRA A CHMS

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, cargou contra a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) porque "non está a tomar ningún tipo de determinacións" ante os baleirados.

Sobre este extremo, sinala que "non ten lóxica que transcorran os días e por parte de quen ten as competencias", en referencia á CHMS, "non se faga absolutamente máis nada que contestar a través de medios de comunicación", pero "non ter ningunha contestación de tipo oficial e non tomar ningún tipo de determinación coas hidroeléctricas".

Sobre a posible sanción de ata dous millóns de euros, a conselleira aclara que: "É algo non nos gustaría, porque iso quere dicir que a afección é moi grave".

EXPEDIENTES SANCIONADORES EN 2020

Paralelamente, a Consellería de Medio Ambiente indica que incoou en 2020 varios expedientes sancionadores contra a CHMS e as concesionarias, conforme á lei galega de pesca.

Segundo explica, estes expedientes abríronse por "non realizarse ningunha notificación formal desde o órgano competente en materia de aproveitamentos hidráulicos e sen que se fixasen, por tanto, as medidas preventivas oportunas ao fin de evitar a perda de biodiversidade".

Sinal de perigo sobre o estado do encoro de Portas na conca Miño-Sil, a 24 de agosto de 2021, en Galicia, (España). En Salas -en Ourense-, os informes da Xunta de Galicia indican que o seu actual nivel de ocupación é do 27,3%. No caso de Por. Rosa Veiga - Europa Press
Sinal de perigo sobre o estado do encoro de Portas na conca Miño-Sil, a 24 de agosto de 2021, en Galicia, (España). En Salas -en Ourense-, os informes da Xunta de Galicia indican que o seu actual nivel de ocupación é do 27,3%. No caso de Por. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta