Acusan á Xunta de non facer nada ante o envelenamento de numerosas aves no encoro de Vilagudín

Ecoloxistas en Acción denuncia que hai 20 aves enfermas e outras 20 debilitadas en Vilagudín e pídenlle ao Goberno galego que abra unha investigación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/09/2021 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción reclamou este mércores á Xunta que indague nas causas da morte de numerosas aves no encoro de Vilagudín, en Ordes, e que adopte medidas para evitar episodios de envelenamento. Este encoro depende da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, dependente da Xunta, que anunciou que multaría a varias empresas hidroeléctricas e a Conca Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Goberno central, por danos á fauna. Con todo, non abriu investigación aínda sobre este novo atentado ambiental nun encoro que depende da administración galega.

Nun comunicado, o colectivo ecoloxista sinala que a finais de agosto apareceron multitude de aves mortas na beira do encoro de Vilagudín. No reconto realizado suman 50 aves mortas, 20 aves enfermas moi debilitadas, 20 debilitadas, que aínda voan ou se moven, 30 aves no sitio que voan e aproximadamente 200 gaivotas pousadas na auga.

Ecoloxistas en Acción quixo denunciar que "até o 8 de setembro" non se limpou a zona recollendo as aves mortas, "o que puxo en risco aos depredadores destas aves envelenadas". "Varias destas aves apareceron depredadas probablemente por raposo, intruduciéndose o veleno na cadea trófica", aseguraron.

Neste sentido, a organización cre que a "inacción" da Xunta terá un grave impacto final sobre a fauna silvestre. A agrupación ecoloxista solicita a Medio Ambiente que indague as causas e o causante da contaminación e que adopte medidas para evitar novos episodios de envelenamento. Entenden que debe decretarse sen máis dilación a prohibición da pesca nas augas do encoro de Vilagudín.

Aves mortas no encoro de Vilagudín
Aves mortas no encoro de Vilagudín | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta