O Camiño de Santiago ármase contra a violencia machista ante o aumento de peregrinas

A provincia da Coruña lanza 606 puntos para previr "calquera tipo de violencia" contra as camiñantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

Un total de 606 puntos do Camiño de Santiago na provincia da Coruña contan con recursos para previr calquera tipo de violencia contra as peregrinas a través da campaña '#NoCaminasSola'. Esta iniciativa foi impulsada polas unidades contra a violencia de xénero das comunidades polas que discorre o Camiño Francés e está dirixida a reforzar a protección das mulleres que fan o Camiño de Santiago.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presentou esta campaña na provincia acompañada polo comisario Xefe da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Policía Nacional, Miguel Ferrero, e o presidente do Colexio de Farmacéuticos da Coruña, Héctor Castro.

Tamén asistiron a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, María Isabel Alvárez, e a garda civil integrante do Equipo da Muller e do Menor (Emume), Carlota Belas.

"Os datos falan dun aumento significativo de mulleres no camiño, cun incremento dun 8% nos últimos anos. A día de hoxe, máis do 50% das persoas que fan o Camiño son mulleres", expuxo Rivas. Sobre a campaña, engadiu que o obxectivo é dar a coñecer ás peregrinas "todos os recursos e ferramentas que pomos á súa disposición para a prevención e atención ante calquera tipo de violencia".

Un grupo camiña dirección a Santiago de Compostela pola ruta do Camiño de Santiago francés, a 17 de xuño de 2021, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Un grupo camiña dirección a Santiago de Compostela pola ruta do Camiño de Santiago francés, a 17 de xuño de 2021, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta