A campaña de vacinación ralentízase con apenas 1.000 inmunizados máis no último día

O 79% da poboación galega conta coa pauta completa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Case o 79% da poboación galega está inmunizada contra a covid-19, o que representa o 86,75% das persoas susceptibles de recibir a vacina na Comunidade. Isto tradúcese en 2.129.301 de persoas coa pauta completa, 1.066 galegos máis nas últimas 24 horas.

Segundo o rexistro actualizado pola Consellería de Sanidade este xoves (con datos solicitados ata o peche da xornada de vacinación do mércores), o Sergas administrou outras 1.539 vacinas contra a covid-19 nun día, das cales a gran maioría estiveron destinadas a completar pautas. A cifra é substantivamente menor que as rexistradas en xornadas pasadas. Ata este xoves, a Comunidade galega recibiu 4.336.979 doses, das que xa inoculaou 4.198.297, é dicir, o 96,8%.

Por grupos de idade, un total de 1.652.960 galegos de máis de 40 anos recibiron polo menos unha picada. Son 222 persoas máis que hai 24 horas e a porcentaxe de cobertura neste grupo de idade supera xa o 96,09%.

No grupo de 30 a 39 anos, vacináronse 264.319 pacientes (+60 no último día), un 81,75%. Outros 193.146 mozos de entre 20 e 29 anos tamén recibiron, como mínimo, a primeira inxección (+312), o que representa o 83,68% da poboación diana nesta franxa. Entre os máis pequenos, no grupo de entre 10 e 19 anos, foron vacinados 165.372 mozos e mozas (+171).

VULNERABILIDADE E PROBABILIDADE DE EXPOSICIÓN

Ademais, por vulnerabilidade, un total de 59.970 persoas recibiron a primeira dose da vacina, mentres 59.479 completaron xa a pauta contra a covid-19. Por probabilidade de exposición, outros 145.313 galegos contan coa primeira picada e 143.962 están xa inmunizados. En total, 2.275.797 galegos recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, o que representa un 92,7% da poboación diana e un 84,28% da xeral.

Unha sanitaria inxecta a un paciente a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Unha sanitaria inxecta a un paciente a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta