O Goberno galego destina 450.000 euros ao control das augas subterráneas da demarcación Galicia Costa

O acordo ten unha vixencia de dous anos e prevé efectuar unhas 1.600 analíticas para detectar focos de contaminación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinaron telematicamente o acordo de colaboración para o control da calidade das augas subterráneas na demarcación hidrográfica Galicia-Costa, polo cal a Xunta destinará 450.000 euros.

Este acordo, que terá unha vixencia de dous anos, dá continuidade a colaboración entre Augas de Galicia e o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, organismos dependentes dos departamentos de Infraestruturas e Sanidade, respectivamente.

En concreto, trátase de manter a cooperación para levar a cabo unha adecuada programación e desenvolvemento da análise dos parámetros de calidade das augas nos puntos de control de augas subterráneas de Galica-Costa. Ambos os departamentos da Xunta colaboran nestes traballos desde o ano 2016, cun investimento que ascende a preto de 1,2 millóns de euros.

No marco deste acordo, a Xunta prevé efectuar unhas 1.600 analíticas ao longo de preto de 80 puntos establecidos nas augas subterráneas co fin de detectar posibles focos de contaminación.

A conselleira Ethel Vázquez, en rolda de prensa. Xunta
A conselleira Ethel Vázquez, en rolda de prensa. Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta