Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 21:07
A Consellería de Sanidade notificou catro mortes con coronavirus en Galicia nas últimas horas. Deste xeito, o total de vítimas desde o inicio da pandemia sitúase en 2.602.
Estas catro persoas presentaban patoloxías previas. Dous deles morreron en residencias: un home 88 anos --nas Gándaras de Lugo-- e un home de 81 anos --na DomusVi de Monforte--.
Así mesmo, nas últimas horas produciuse a defunción dun home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e dunha muller de 72 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.