Touriñán pecha o ciclo de humor 'Comicamente' logo de pasar por 12 concellos

O encontro final tamén reunirá a Carlos Branco, Celso Sanmartín e Lucía Veiga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O ciclo de humor 'Comicamente' chega ao seu final este domingo ás 21,30 horas no Auditorio de Lalín cunha función na que participarán Xosé A. Touriñán, Carlos Branco, Celso Sanmartín e Lucía Veiga. Para esta última sesión, a dj Russinha será a encargada de pór música ao espectáculo, para o que se atopan dispoñibles entradas que poden adquirirse a través da web de 'Comicamente' ou en ataquilla.com, segundo asegura a Xunta nun comunicado.

Este proxecto, que comezou a finais de xullo no Carballiño, desenvolveu 17 sesións para máis de 10.000 persoas e percorreu 12 municipios, entre outros, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Mondoñedo, Ferrol ou Santiago de Compostela. Aínda que a iniciativa estivo liderada polos cómicos Carlos Branco, Xosé A. Touriñán e Luís Piedrahita xunto a Lucía Veiga, contou tamén coa participación doutros humoristas galegos como David Amor, Marta Doviro ou Ledicia Sola.

Touriñán en Monólodo do Imbécil
Touriñán en Monólodo do Imbécil | Fonte: emedous.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta