Toda Galicia quedará en nivel medio baixo de restricións salvo o Concello de Monforte

Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 18 de setembro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/09/2021 | Actualizada ás 21:14

Comparte esta noticia

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, que Galicia quede no nivel medio baixo de restricións, agás o concello de Monforte de Lemos, que estará no nivel medio.

Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo para persoas de entre 16 e 35 anos en Expourense, a 10 de xullo de 202
Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo para persoas de entre 16 e 35 anos en Expourense, a 10 de xullo de 202 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 18 de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta