Quen son os verdadeiros pirómanos dos montes galegos?

Investigado un veciño do Barco por un incendio forestal por imprudencia orixinado por unha roza

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/09/2021 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Tras os grandes lumes que arrasaron parte da Ribeira Sacra, e do que aínda non se atopou ao responsable ou responsables, a garda civil do Barco tomou declaración en calidade de investigado a un veciño deste municipio por un incendio forestal por imprudencia orixinado por unha roza.

Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración en calidade de investigado a un veciño do Barco de 49 anos de idade como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia.

Este lume ocorreu o pasado día 6 de setembro en Entoa, no municipio do Barco, e afectou a 0,3 hectáreas arboredos e 2,7 rasas, indicaron as mesmas fontes, que puntualizaron que este incendio "se orixinou ao realizar unha roza cun tractor". As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 2 do Barco.

Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo
Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta