Toda Galicia queda en nivel medio-baixo desde este sábado agás Monforte que permanece en nivel medio

A ocupación máxima nos servizos de hostalaría e restauración en bares, cafetarías e restaurantes será de oito persoas no interior e de 15 en terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2021 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

Gran parte dos municipios galegos están a partir deste sábado no nivel medio-baixo de restricións anticovid, e tan só Monforte de Lemos está dentro nivel medio. Así, ningunha localidade da Comunidade se rexerá xa polas medidas dos niveis alto e máximo.

Estas son algunhas das medidas que entraron en vigor este sábado, tras as últimas decisións tomadas polo comité clínico que asesora á Xunta en materia covid o pasado martes. Ademais, os cambios nas restricións apareceron recollidos no Diario Oficial de Galicia publicado este xoves e, segundo se indica no boletín, estarán en vigor ata o 2 de outubro.

Así, desde este sábado, a ocupación máxima nos servizos de hostalaría e restauración en bares, cafetarías e restaurantes será de oito persoas no interior e de 15 en terraza, por mesa ou agrupación de mesas. Con todo, o Goberno galego subliña no boletín que deberá asegurarse que se mantén a "debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas".

Tamén deberán establecerse as medidas necesarias para manter "a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións, especialmente na disposición e no uso das máquinas ou de calquera outro dispositivo de xogo nos locais nos que se desenvolvan actividades". A máscara continúa sendo obrigatoria.

Outro dos aspectos que clarifica o DOG é o mantemento da suspensión do certificado covid pois, a pesar de recoñecer o Tribunal Supremo a súa validez, a Xunta opta por non volver pedilo para acceder ao interior dos locais de hostalaría.

Dúas sanitarias preparan PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Dúas sanitarias preparan PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta