'Noites alternas': un plan para gozar de Santiago sen pasar polas discotecas

O Concello presenta un paquete de actividades destinado a "todos aqueles que se senten mozos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago presentou 'Noites Alternas', un programa de actividades de lecer nocturno para a mocidade compostelá, que arrincará este xoves 23 de setembro.

A iniciativa, de longo percorrido xa no municipio, ofertará actividades as noites dos xoves e venres a "todo aquel que sente mozo", algunhas por streaming, pero a maioría --segundo informou o concelleiro de mocidade, Rubén Prol-- serán xa presenciais.

"Os nenos e os mozos sufriron moito pola falta de socialización e había que ir recuperando actividades, que a xente volva conectar, sobre todo polo deterioro da saúde mental, como apuntan moitos estudos", explicou Prol. Durante os meses de maio e xuño, segundo detallaron en rolda de prensa, as asociacións compostelás enviaron as súas propostas, que este ano alcanzaron as 80 iniciativas, "e agora está a haber moi boa acollida para a participación nas actividades".

Moitas das actividades céntranse en xogos e tempo libre, "sen risco covid practicamente". Entre as actividades, para cuxa inscrición se habilita un formulario de inscrición previo cada semana en Itaca.gal, atópanse obras de teatro, rutas para coñecer Santiago, talleres de creación feminista, e de cociña, entre outros.

Arquivo - Persoas na Praza da Quintana en Santiago.. César Arxina - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Persoas na Praza da Quintana en Santiago.. César Arxina - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta